Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26381

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2019 por esta Fundación.

Data sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

2.1.2019

0,00€

Convenio de colaboración para a realización dun concerto na Cidade da Cultura de Galicia titulado «Os Camiños de Castelao».

30.1.2019

0,00€

Convenio de colaboración entre a Liga Profesional de Fútbol e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da exposición «Valor e mestría. Galicia como fútbol».

7.2.2019

0,00€

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo obras de acondicionamento no espazo anexo á sala principal de equipos (fase II) do centro de procesos de datos integral da Xunta de Galicia.

12.4.2019

0,00€

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a posta á disposición de terceiras empresas de espazo coa finalidade de facilitar a coordinación de proxectos estratéxicos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

15.4.2019

0,00€

Convenio de colaboración de natureza patrimonial entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCDCG) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) como consecuencia da instalación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia