Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de maio de 2019 polo que se dá traslado do impreso de pagamento de multas e sancións para o seu pagamento en período voluntario, derivado do expediente sancionador SIL/69/2013.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 13 de marzo de 2019, deu traslado do impreso de pagamento de multas e sancións a Marta Díaz Lorenzo.

O día 22 de marzo de 2019, a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou impoñerlle unha quinta multa coercitiva a Marta Díaz Lorenzo como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 28 de setembro de 2001, 12 de decembro de 2012 e 21 de abril de 2016.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra decidiu, mediante auto núm. 41/2017 do 3 de abril de 2017, rexeitar a solicitude de medida cautelar solicitada por Marta Díaz Lorenzo relativa á suspensión da Resolución do 11 de outubro de 2016, da Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Este auto foi declarado firme o 5 de abril de 2017.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Marta Díaz Lorenzo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística