Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de maio de 2019, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela (Belvís).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Santiago de Compostela (Belvís) iniciado pola Resolución do 22 de marzo de 2018.

O acto adouptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de maio de 2019

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

75737

35479019R

Trámite de audiencia