Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 97/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 97/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Osorio Méndez contra a entidade CRE Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., sobre reclamación de cantidade, expediuse a seguinte cédula de citación e requirimento:

Cédula de citación e requirimento

Tribunal que ordena citar

Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda

Procedemento ordinario 97/2019.

Persoa á que se cita

CRE Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación

Asistir nesa condición ao/s acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, e concorrer a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer

Deben comparecer o día 20.10.2021, ás 10.20 horas, na planta 4, sala 9, edif. xulgados, ao acto de conciliación ante o letrado da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 20.10.2021, ás 10.20 horas, na planta 4, sala 9, edif. xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais

1º. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas: requirir a parte demandada para que, no prazo de dez días, manifeste con que entidade aseguradora tiña contratada a póliza de convenio, para o efecto de ampliar a demanda contra esta.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado/a (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poian estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 29 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á entidade CRE Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 30 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza