Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25773

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2019, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril do ano 2019

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e igualmente a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2019.

100.000 €

14.1.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2019.

149.000 €

15.1.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade do proxecto de dotación e modernización de equipamento de puntos de autoservizo (TICPESC) e rastrexabilidade de documentos pesqueiros nos portos de Galicia.

250.000 €

22.1.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña para a realización da acción de investigación: aspectos básicos da bioloxía de poliquetos explotados nas costas de Galicia. Criterios para a xestión das poboacións explotadas.

85.201,18 €

1.2.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2019 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do ano.

93.000 €

7.3.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2019 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do ano.

93.000 €

7.3.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2019 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do ano.

37.500 €

13.3.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2019 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo

do ano

93.000 €

22.3.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2019 como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do ano.

6.000 €

22.3.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Deputación Provincial de Pontevedra para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do Igafa.

Sen custo económico

12.4.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo co fin de financiar os investimentos que leve ao cabo a institución para acadar a mellora da competitividade.

20.000 €

22.4.2019