Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25775

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a construción dunha senda peonil na estrada AC-542

46.626,85

7.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame para dotar de capa de rodadura á vía de Porto Bravo a Tállara

448.463,02

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Carral para habilitar unha senda peonil e ciclista na N-550, entre Tabeaio e Carral

153.655,17

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Coirós para a mellora de viais rurais na Espenuca e outros

99.812,33

1.4.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello do Páramo para reforzo do firme do camiño municipal da LU-613 en Pedrouzos, por Escrita, a Gándara e Pinte, p.q. 0+748 a 1+398

60.000,00

8.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilalba para a mellora da travesía da antiga LU-126

650.188,04

16.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello da Gudiña para o arranxo da contorna das igrexas de San Martiño, San Pedro e a rúa Maior

59.875,14

11.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a execución das obras da segunda fase da posta en valor da Ponte Vella de Ourense

1.152.025,39

29.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Beariz para a pavimentación da rúa Benito Táboas

55.654,10

16.4.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Larouco para a pavimentación da rúa Carril

48.000,00

22.4.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cerdedo-Cotobade para os traballos de redacción de proxecto e xetión de expedientes de expropiación do acondicionamento da estrada Cerdedo-Caroi

89.500,00

10.1.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Salvaterra de Miño para a pavimentación da rúa Rosalía de Castro, PO-400 e a construción dunha senda peonil entre o núcleo urbano de Salvaterra e o núcleo de poboación das Zacoteiras

681.711,36

17.4.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Gallega de la Construcción para o intercambio de información en materia de contratación pública e do sector da construción civil

10.320,00

22.3.2019