Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-460/2019-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-460/2019-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 10 de maio de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-460/2019-PPM

X5643292N

Inicio

R/ Magdalena, nº 73-2º C, Boiro

PSC-CO-465/2019-TRA

33226905R

Inicio

Lugar Fonseca, Castiñeiras, nº 41, Ribeira

PSC-CO-495/2019-PPM

53482426C

Inicio

Vilariño, nº 65, Cespón, Boiro

PSC-CO-498/2019-TRA

53798460B

Inicio

Rúa Cubeliños, P-15-1º B, Ribeira

PSC-CO-501/2019-COP

53160256B

Inicio

Franciso Rodríguez, 5-2º D, Cambre

PSC-CO-502/2019-PPM

47358367X

Inicio

R/ Montes, 11, baixo, A Coruña