Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2019 Páx. 25912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de abril de 2019, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra coa clave N/AC/91.15.1, no concello de Cabana de Bergantiños, ao non recibir as notificacións por ausencia no domicilio e ser devoltas polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras resultar infrutuosos os intentos de notificación, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra coa clave N/AC/91.15.1, no concello de Cabana de Bergantiños.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 3 de abril de 2019

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

DNI da interesada

Acto que se notifica

N/AC/91.15.1

71

Mª del Carmen Andrade Blanco

Resolución de cambio de titularidade do predio