Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso na parcela 45 do API R31, parque de Eirís, para a construción dun centro de día (expediente 631/2019/49).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 1 de abril de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso de equipamento público comercial CO (Pb) previsto no documento do Plan parcial do sector S-6 parque de Eirís, da parcela de titularidade municipal, polos usos de equipamento público de benestar social e asistencial (AS) e sanitario (SN).

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Remitir este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para os efectos do seu coñecemento.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «VISOR ESTADO DESARROLLO PGOM 2013».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Coruña, 24 de abril de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017, do 28.6.2017)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde responsable da Área de Rexeneración
Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible