Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 8 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4368/2018 e cinco máis.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos recursos contencioso-administrativos PO 4368/2018, 4370/2018, 4371/2018, 4372/2018, 4386/2018 e 4396/2018 interpostos por Autos Fernández Belmonte, S.L., Autos Comparado, S.L., Autocares Muíños, S.L., Autos Eugenio Muíños, S.L., Ares Capital, S.A. e Unauto VTC, respectivamente, contra o Decreto 103/2018, do 13 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazandas para que podian comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade