Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4083/2019 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproba o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

En cumprimento da Resolución do 20 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse a cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 34, do 18 de febreiro de 2019, para que se poidan presentar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove (9) días, no procedemento ordinario 4083/2019, no cal se recorre contra a resolución administrativa deste expediente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural