Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-41329 e cinco máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou aos seus representantes os actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que nos actos que se notifican outórgase ás persoas interesadas un prazo de dez días (10), desde o seguinte á notificación para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que ás persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 30 de abril de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-41329

32584454D

Requirimento de emenda da solicitude

13.11.2018

CO-44033

47355312Z

Requirimento de emenda da solicitude

30.1.2018

CO-65668

32163371X

Requirimento de emenda da solicitude

13.4.2018

SC-76966

33231430H

Requirimento de emenda da solicitude

22.11.2018

FE-77300

32582407D

Requirimento de emenda da solicitude

25.2.2019

FE-83329

10743754V

Requirimento de emenda da solicitude

8.2.2019