Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 30 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-80098 e tres máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou aos seus representantes os actos administrativos de citación que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita para o recoñecemento que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada.

A Coruña, 30 de abril de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

CO-80098

32405505T

Citación

16.1.2019

CO-56231

58024986B

Citación

15.1.2019

CO-77363

32293104T

Citación

15.1.2019

SC-69497

20630706M

Citación

26.11.2018