Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito D.1-AR3.

Polo presente faise público que o Pleno do Concello de Xove, na súa sesión con data do 15 de abril de 2019, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da D1-AR3.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o dito documento ao preceptivo trámite de información pública mediante o presente anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso.

Así mesmo, o dito documento estará ao dispor dos interesados na sede electrónica do Concello de Xove (enderezo https://xove.es).

Durante o devandito prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas mediante escrito dirixido ao alcalde do Concello de Xove.

Xove, 16 de maio de 2019

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde