Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25086

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría da Sra. Carbajal de la Iglesia (Ponteareas)

ANUNCIO de tramitación dunha acta para a partición dunha herdanza por maioría.

Eu, Alma María Carbajal de la Iglesia, notaria do Ilustre Colexio de Galicia, con residencia en Ponteareas, fago constar que nesta notaría se iniciou a tramitación dunha acta co fin de levar a cabo unha partición de herdanza por maioría das que regulan o artigo 295 e seguintes da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, relativa á sucesión de Agustín Domínguez Estévez e Ramona Gradín Estévez, e para completar esta notifícolle a apertura do expediente a Rosa Domínguez Gradín, o seu obxecto e o dereito que a asiste de comparecer ante min no prazo de trinta (30) días hábiles seguintes ao da práctica desta publicación, pedir unha copia do expediente, promover o nomeamento de ata un máximo de tres contadores-partidores e realizar as alegacións que considere oportunas en defensa dos seus dereitos.

Ponteareas, 23 de abril de 2019

A notaria