Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25040

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1789/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, mediante este edicto

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de José Luis Cambón Gómez fronte a Domingo Antonio Vázquez Nimo ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n° 92/2019.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal sobre filiación nº 1789/2015, promovido pola procuradora Esperanza Álvarez, en nome e representación de José Luis Cambón Gómez, asistido da letrada Sra. Torreiro Santos fronte a Domingo Antonio Vázquez Nimo, herdeiro de Antonio Vázquez Suárez, declarado en rebeldía procesual, e fronte ao representante do Ministerio Fiscal na súa calidade de garante da legalidade e do interese público e social,

Resolvo que debo aceptar e acepto na súa integridade a demanda deducida pola procuradora Esperanza Álvarez, en nome e representación de José Luis Cambón Gómez, asistido da letrada Sra. Torreiro Santos, fronte a Domingo Antonio Vázquez Nimo, herdeiro de Antonio Vázquez Suárez, declarado en rebeldía procesual, e fronte ao representante do Ministerio Fiscal, polo tanto, procede declarar que o demandante é fillo de Antonio Vázquez Suárez e efectuar a oportuna inscrición no rexistro.

Non procede efectuar especial pronunciamento condenatorio na sede de custas procesuais.

Esta resolución non é firme e fronte a ela é posible a interposición de recurso de apelación na forma e nos prazos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E, encontrándose o devandito demandado, Domingo Antonio Vázquez Nimo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza