Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 25042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 32/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2018, seguido por instancia de María del Carmen Moreda Echave contra Santiago Diéguez Simón, sobre execución por reclamación de cantidade, ditouse decreto o 26 de abril de 2019 polo que se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e acordouse o arquivamento das actuacións, contra o cal se pode interpoñer recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Diéguez Simón, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza