Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 24874

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 10 de maio de 2019 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establece a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non poderá eliminarse ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento a seguir na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas ao ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Aprobadas, de ser o caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

Así mesmo, mediante Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia de custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio), con carácter xeral, no ámbito da Administración autonómica, os documentos anteriores ao ano 1990 considéranse de conservación permanente, e polo tanto non serán eliminados.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 12 de decembro de 2018, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración autonómica, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 12 de decembro de 2018:

Da Administración autonómica:

Expedientes de concursos de traslados do persoal docente de ensinanzas medias.

Expedientes de probas selectivas do persoal docente de ensinanza secundaria.

Expedientes de axudas para actividades de formación de alumnado en linguas estranxeiras.

Expedientes de xestión do imposto de transmisións patrimoniais de determinados medios de transporte usados entre particulares.

Expedientes de permiso de explotación a pé de recursos mariños (Permex)

Da Administración local:

Expedientes de sesións das comisións informativas.

Libros de actas das comisións informativas.

Segundo

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Extractos das táboas de avaliación de series documentais

Táboa: 014.

Código de serie: 0268.

Denominación: expedientes de concursos de traslados do persoal docente de ensinanzas medias.

Procedencia: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Datas extremas da serie: 1983-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2018.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias:

– Arquivo central: os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate da súa tramitación administrativa.

– Arquivo intermedio: pasados 5 anos desde a finalización do trámite os expedientes seleccionados transferiranse ao arquivo intermedio.

– Arquivo histórico: transcorridos 10 anos os expedientes de conservación permanente transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

• Selección: conservación parcial da serie documental.

– Conservación permanente da parte xeral do expediente.

– Posibilidade de eliminación dos expedientes individuais dos participantes no concurso aos 5 anos da toma de posesión. Conservarase unha mostra de 5 exemplares por ano de convocatoria.

Táboa: 015.

Código de serie: 0486.

Denominación: expedientes de probas selectivas do persoal docente de ensinanza secundaria.

Procedencia: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Datas extremas da serie: 1983-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2018.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias:

– Arquivo central: os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate da súa tramitación administrativa.

– Arquivo intermedio: pasados 5 anos desde a finalización do trámite os expedientes seleccionados transferiranse ao arquivo intermedio.

– Arquivo histórico: transcorridos 10 anos os expedientes de conservación permanente transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

• Selección: conservación parcial da serie documental.

– Conservación permanente da parte xeral do expediente e os expedientes individuais dos aspirantes seleccionados.

– Posibilidade de eliminación, aos 5 anos, dos expedientes individuais dos aspirantes suspensos e excluídos, os exames e demais probas de selección. Conservarase unha mostra de 5 exemplares por ano de convocatoria.

Táboa: 016.

Código de serie: 1307.

Denominación: expedientes de axudas para actividades de formación de alumnado en linguas estranxeiras.

Procedencia: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Datas extremas da serie: 2006-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2006-2018.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias:

– Arquivo central: os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate da súa tramitación administrativa.

– Arquivo intermedio: pasados 5 anos desde a finalización do trámite os expedientes seleccionados transferiranse ao arquivo intermedio.

– Arquivo histórico: transcorridos 10 anos os expedientes de conservación permanente transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

• Selección: conservación parcial da serie documental.

– Conservación permanente da parte xeral do expediente.

– Posibilidade de eliminación dos expedientes individuais das persoas solicitantes. Conservarase unha mostra de 5 exemplares por ano de convocatoria.

Táboa: 017.

Código de serie: 635.

Denominación: expedientes de xestión do imposto de transmisións patrimoniais de determinados medios de transporte usados entre particulares.

Procedencia: Consellería de Facenda. Axencia Tributaria de Galicia.

Datas extremas da serie: 1985-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1985-2018.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias:

– Arquivo central: os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate da súa tramitación administrativa.

– Arquivo intermedio: pasados 5 anos desde a finalización do trámite os expedientes seleccionados transferiranse ao arquivo intermedio.

– Arquivo histórico: transcorridos 10 anos a mostra de conservación permanente transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

• Selección: posibilidade de eliminación total aos 10 anos. Conservarase unha mostra de 5 exemplares por delegación e ano.

Táboa: 018.

Código de serie: 3335.

Denominación: expedientes de permiso de explotación a pé de recursos mariños (Permex).

Procedencia: Consellería do Mar.

Datas extremas da serie: 1992-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1992-2018.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias:

– Arquivo central: os expedientes transferiranse ao arquivo central transcorrido un ano desde o remate da súa tramitación administrativa.

– Arquivo intermedio: pasados 5 anos desde a finalización do trámite os expedientes seleccionados transferiranse ao arquivo intermedio.

– Arquivo histórico: transcorridos 10 anos os expedientes de conservación permanente transferiranse ao arquivo histórico para a súa custodia definitiva.

• Selección: conservación parcial da serie.

– Conservación dos expedientes xerais de novos permisos, renovacións e suspensións.

– Posibilidade de eliminación dos expedientes individuais das persoas solicitantes. Conservarase unha mostra dun expediente por confraría e ano.

Táboa: 019.

Código de serie: AP 27/AP 46.

Denominación: expedientes de sesións das comisións informativas.

Procedencia: Deputación Provincial.

Datas extremas da serie: 1884-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1884-2017.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: restrinxido.

• Transferencias: os expedientes transferiranse ao arquivo anualmente.

• Selección: conservación permanente.

Táboa: 020.

Código de serie: AP26/AP41.

Denominación: libros de actas das comisións informativas.

Procedencia: Deputación Provincial.

Datas extremas da serie: 1958-1979.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1958-1979.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 12 de decembro de 2018.

• Acceso: libre.

• Transferencias: os documentos transferiranse ao arquivo transcorridos 4 anos.

• Selección: conservación permanente.