Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 24883

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Título

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega

4.1.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos

8.1.2019

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahía para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

17.1.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para concurso de rondallas

18.1.2019

33.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a transformación e ampliación do proxecto Lex.gal

20.2.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

26.2.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

28.2.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Grupo El Progreso para a xeración de recursos dixitais accesibles procedentes do escaneo e tratamento bibliográfico da publicación El Progreso e destinalos á súa integración no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia

21.3.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2019

26.3.2019

520.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións en materia de normalización lingüística

28.3.2019

12.000,00

Convenio de colaboración para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación de El Correo Gallego no ano 2019, entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Editorial Compostela, S.A.

29.3.2019

115.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Santa Apostólica e Metropolitana Iglesia Catedral de Santiago de Compostela, para a selección e reprodución de documentos que se custodian no Arquivo de Galicia

1.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingúística

2.4.2019

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas por parte do alumnado da Facultade de Historia da Universidade de Vigo en centros dependentes ou xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo

2.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega de Antropoloxía Cultural para a organización do congreso XIV Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía (SIEF)-Track Changes: Reflecting on a Transforming World

4.4.2019

4.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística

4.4.2019

23.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para actuacións en materia de normalización lingüística

8.4.2019

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística

9.4.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Rías Baixas de Comunicación, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Atlántico Diario

12.4.2019

1.610,71 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para a difusión, o estudo e a preservación da obra de Antonio Fraguas Fraguas

17.4.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Otero Pedrayo para o estudo e a preservación da obra de Otero Pedrayo

17.4.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro

17.4.2019

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Vicente Risco para a difusión, o estudo e a preservación da obra de Vicente e Antón Risco

17.4.2019

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

22.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Astorga para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

22.4.2019

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para actuacións en materia de normalización lingüística

22.4.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Editorial La Capital, S.L. para potenciar o uso do idioma galego

22.4.2019

10.469,63 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e La Región, S.A para potenciar o uso do idioma galego

22.4.2019

21.476,16 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Lérez Ediciones, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal Diario de Pontevedra, que edita esta entidade

22.4.2019

10.469,63 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e El Progreso de Lugo, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Progreso de Lugo, que edita esta entidade

22.4.2019

24.160,68 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Faro de Vigo, S.A.U. para potenciar o uso do idioma galego

22.4.2019

63.086,22 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística

26.4.2019

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística

26.4.2019

18.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e La Opinión de La Coruña, S.L. para potenciar o uso do idioma galego

29.4.2019

8.858,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para potenciar o uso do idioma galego

29.4.2019

141.205,75 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e Editorial Compostela, S.A. para potenciar o uso do idioma galego no xornal El Correo Gallego

29.4.2019

15.033,31 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2019 e 2020 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega

29.4.2019

240.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para a realización de actuacións de normalización lingüística

30.4.2019

15.000,00 €