Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2019 Páx. 24835

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da seguinte relación de convenios, que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2019.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2019

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2019

Data de sinatura

Descrición

Importe total

24.1.2019

Acordo marco de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Asociación de Deporte Español para o fomento do deporte e o turismo deportivo de Galicia.

0,00 €

5.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Santa Comba (A Coruña) para instalar un circuíto de calistenia no complexo deportivo municipal A Fontela, en Santa Comba.

47.490,69 €

5.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) para construír unha pista de pádel no Casal.

47.819,06 €

8.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Riotorto (Lugo) para instalar unha pista multideporte.

29.983,76 €

10.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros (Lugo) para instalar unha pista multideporte.

29.280,27 €

22.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cercedo-Cotobade (Pontevedra) para substituír a cubrición en vestiarios antigos e adecuacións varias no pavillón polideportivo de Tenorio.

30.000,00 €

22.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Sober (Lugo) para instalar unha pista de pádel.

24.999,62 €

23.4.2019

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Catoira (Pontevedra) para a subministración de equipamento deportivo para o club de piragüismo de Catoira.

12.000,00 €

23.4.2019

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Piragüismo para levar a cabo as actividades de mantemento, conservación e funcionamento do complexo náutico e campo de regatas David Cal en Verducido, Pontillón do Castro, Pontevedra.

115.000,00 €