De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 24 de abril de 2019 do proxecto de acondicionamento de parcela para a ampliación de almacenamento de VFU no lugar de Paraxes, na parroquia de Fomiñá, no concello da Pastoriza (Lugo), promovido pola empresa Grupo Automoción As Granxas, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático