De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 24 de abril de 2019 do proxecto dunha ampliación de instalacións de xestión de chatarra (VFU) no polígono industrial de Mos, no concello de Mos (Pontevedra), promovido pola empresa Hierros Caldas, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático