Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións de baixa da autorización turística de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), faise pública a resolución ditada nos expedientes de baixa dos establecementos relacionados polo cesamento da súa actividade, xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra as ditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.

Ourense, 7 de maio de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Cafetería La Tarantella

Facundo Correia

San Pedro de Mezonzo, 6, 2º D

Ourense

Café Bar Mojito+Cafe

Mairens y Juan, S.C.

Dr. Temes Fdez. 18, baixo

Ourense

Café Bar Candello

Estefanía Pardavila Parada

Rúa da Paz, 5

A Pobra de Trives

Cafetería La Toscana

Dani y Gus, S.L.

CC. Ponte Vella, lc. 9

Ourense

Café Bar Novo Flamingo

Rodríguez Revilla, José Antonio

Cesáreo Tizón, 11

O Carballiño

Café Bar O Muíño das Lousas

O Muíño Restauración, S.L.

Rúa dos Muíños, s/n

O Carballiño

Restaurante O Muíño das Lousas

O Muíño Restauración, S.L.

Rúa dos Muíños, s/n

O Carballiño