Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2019 Páx. 24817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 5 de abril de 2019 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico de Portonovo para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Portonovo para a explotación das instalacións náutico-recreativas do porto de Portonovo (expediente 13-10-04-C-2).

O día 6.2.2019 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Portonovo para a explotación das instalacións náutico recreativas do porto de Portonovo, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia