Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2018/476-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: Ret. LMTA, LMTS DC GON805-806 (Monteferro 5 e Nigrán 6).

Situación: Nigrán.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, en tres actuacións:

1. 346 metros; orixe: arqueta proxectada na GON8063072; final: arqueta exitente na GON8063058.

2. 875 metros; orixe: arqueta proxectada na GON8052869; final: apoio proxectado C-7000/16.

3. 392 metros; orixe: centro de transformación existente Cabreira-GON806; final: apoio proxectado C-7000/16.

Retensamento do van aéreo comprendido entre o apoio 2B/14 e o proxectado C-7000/16 (101 metros). A instalación está situada na zona da Ramallosa, Nigrán.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resuelve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas ás súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 11 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra