Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2019 Páx. 24374

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2019 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, subgrupo A1, en virtude de probas selectivas pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución reitoral do 9 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro), para ingreso na escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, subgrupo A1, da USC, pola quenda de promoción interna e comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, subgrupo A1, da USC, á persoa que superou o proceso selectivo que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa á cal se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade arquivos, da Universidade de Santiago de Compostela

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

*4*9*7*8**

Domínguez Pallas, Desiré María