De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-303/2019-PPM e seis máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispóñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 3 de maio de 2019
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-303/2019-PPM |
52938392M |
Inicio |
Banda do Río, Pineirón, 83 A, Boiro |
PSC-CO-418/2019-PPM |
49676367R |
Inicio |
Lug. Bañobre, 22, Oleiros |
PSC-CO-420/2019-PPM |
53483528H |
Inicio |
Lug. Magdalena, 65-2º, Escarabote, Boiro |
PSC-CO-422/2019-PPM |
X7220674P |
Inicio |
O Portiño, 26, baixo A, A Coruña |
PSC-CO-439/2019-PPM |
X9787363N |
Inicio |
Bao, 13-4º A, Boiro |
PSC-CO-489/2019-PPM |
42235927S |
Inicio |
Lug. Monumental, 23, Macenda, Boiro |
PSC-CO-494/2019-PPM |
53796375L |
Inicio |
San Martiño, 79, Abanqueiro, Boiro |