Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23868

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2019 pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración subscrito por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2019

O presidente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019; DOG núm. 54/2019)
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.A. (Artigo 21.3 dos estatutos do Issga, Decreto 165/2014)
Patricia García Antelo
Subdirectora xeral de Administración e Persoal

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes del, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

0,00 €

11.1.2019