Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2019/423-2 e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comision de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres).

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promova, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 24 de abril de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Resolución

Parte contraria notificada

PR204A2019/423-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Francisco Javier Arias Paz

PR204A2019/1232-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Plácido Manuel Castro Carballal