Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2019 Páx. 23997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018121AL-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 25 de marzo de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2018121AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo á persoa que se sinala no anexo.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA, Santander ou https://ovt.atriga.gal, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 29 de abril de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2018121AL-LU.

DNI da persoa interesada: 34310011Z.

Último enderezo coñecido: rúa Vázquez Saco, 60, 27600 Sarria.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Tipificación: unha infracción leve.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).