Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de abril de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/152/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 17 de decembro de 2018, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas no lugar de Dicoitia-Mens, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a José Antonio García Varela mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística