Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23035

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de abril de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado Lar, de Mos.

O representante da titularidade do centro privado Lar, de Mos, solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo superior (CS) Asistencia á Dirección, e autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, o CM Farmacia e Parafarmacia, o CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, o CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e o CS Promoción da Igualdade de Xénero.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a implantación do ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a Persoas en Situación de Dependencia, do CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles, do CM Farmacia e Parafarmacia, do ciclo superior (CS) Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, do CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, do CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e do CS Promoción da Igualdade de Xénero, e a supresión do CS Asistencia á Dirección. O centro docente queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: Lar.

Código do centro: 36005427.

Domicilio: avenida do Rebullón, 21.

Código postal: 36416.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L.

Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.

• 2 unidades de educación especial.

Formación profesional:

• CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Promoción de Igualdade de Xénero (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Educación para persoas adultas:

• Ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas.

• Bacharelato (Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional