Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23038

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 2 de maio de 2019 pola que se autorizan as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Monte da Vila do Grove.

A Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.

Por todo canto antecede, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorización de ensinanzas

Autorízar as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Monte da Vila, do concello do Grove (código 36019232) a partir do curso 2019/20.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional