Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2019 Páx. 23302

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 633/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre seguridade social número 633/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., acordouse citar a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 4.6.2019, ás 9.30 horas, co fin de celebrar o acto de xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión da mesma e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L. e Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza