Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 23006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de convenio urbanístico entre este concello e a mercantil Alvariño Inversiones, S.L. para a obra de urbanización na rúa Barxa do Covelo.

Convenio urbanístico de execución de planeamento que se subscribirá entre o Concello de Vigo e a mercantil Alvariño Inversiones, S.L. para a realización de obra de urbanización (prolongación da rúa) na rúa Barxa do Covelo (conexión da rúa Barxa do Covelo coa rúa do Gandarón) (expte. 325/403).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 22 de marzo de 2019, acordou:

«Primeiro. Aprobar o texto inicial (achégase como anexo) do convenio urbanístico de execución do planeamento que se subscribirá entre o Concello de Vigo e a mercantil Alvariño Inversiones, S.L. para a realización de obra de urbanización (prolongación da rúa) na rúa Barxa do Covelo (conexión da rúa Barxa do Covelo coa rúa do Gandarón), en que o Concello de Vigo achegará -tras a súa recepción- o importe máximo de 150.000 euros con cargo ao seu orzamento de 2020.

Segunda. Notificar este acordo á mercantil Inversiones Alvariño, S.L. co obxecto de que no prazo dos quince días seguintes ao da súa notificación compareza na Xerencia Municipal de Urbanismo para a sinatura do texto inicial aprobado. Transcorrido este prazo sen que o convenio sexa asinado, quedará sen efecto.

Terceiro. Facultar a concelleira delegada de Urbanismo e vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo para a sinatura do convenio; da súa subscrición darase conta individualizada ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e á Xunta de Goberno Local.

Cuarto. Unha vez asinado o convenio, someterase ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, por un período dun mes. O anuncio indicará o lugar ou punto de acceso electrónico a un enderezo en que se poida consultar o seu contido íntegro e no anuncio constará a identidade das partes.

Quinto. Tras a información pública, de non se presentaren alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderase definitivo sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación pola Xunta de Goberno Local, e esta aprobación e a formalización acadada producirán plenos efectos xurídicos. Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia, anotarase no Rexistro de Convenios e remitirase copia ao Arquivo de Convenios».

Durante o período de información pública, o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_infra.php?lang=gal#/, no Portal de transparencia, así como no Departamento Municipal de Urbanización e Infraestruturas da Xerencia de Urbanismo (sito na planta segunda do Edificio da Xerencia de Urbanismo, na praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións xulguen convenientes.

Vigo, 12 de abril de 2019

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo