Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 23001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, procedemento abreviado 14/2019-M.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña tramítase o recurso 14/2019-M (procedemento abreviado), de Fernando de Castro-Acuña Vidal, contra a Resolución do 30 de outubro de 2018, que desestima o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 12 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

Categoría: persoal técnico superior en prevención de riscos laborais.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos