Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 855/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 855/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Verónica Patricia Vivanco Bertarelli contra a empresa Fun Kitchen, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, se ditou en data 21.3.2019 sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Estímase integramente a demanda interposta pola parte demandante fronte a Fun Kitchen S.L., e condénase a demandada ao aboamento de 1.231,63 euros más o xuro de demora do artigo 29.3 do ET. Non se fai imposición de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina, Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza