Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varias interesadas as modificacións na relación de bens e dereitos afectados sometida inicialmente a información pública do parque eólico Miñón (expediente IN408A 2017/07).

Atendendo á información actualizada facilitada por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U., promotora do parque eólico Miñón, sito no concello de Vimianzo, así como debido ás modificacións do proxecto, introducíronse cambios na relación de bens e dereitos afectados sometida inicialmente a información pública (DOG núm. 146, do 1 de agosto de 2018).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a José Pérez Rodríguez, José Espasandín Suárez, Julio Suárez Macías, Carmen Miñones Santos, Celestino Ferreira Rego, Braulio Santos Lavandeira, Jesús Miñones Santos, Jesús Vázquez Blanco, María Isaura Lavandeira Insua, Agustín Cedrón Alcira, Evangelina Rial Andrade, Alicia Domínguez García, María Luz Domínguez García, Francisco Domínguez Santos, Mª Carmen Domínguez Santos, Alicia Domínguez García, María Luz Domínguez García, Óscar Domínguez García, os herdeiros de Francisco Domínguez Santos e e os herdeiros de Mª Carmen Domínguez Santos para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas