Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de dirección de obra, dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan) (expediente PLISAN/2017-ETAP-D.O.).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización das tarefas de dirección de obra, dirección de execución, y coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) para a 1ª fase da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), así como a dirección da explotación da ETAP.

b) Prazo de execución: a duración do contrato, por tratarse dun contrato complementario ao contrato de obras, será o resultado de incrementar a duración prevista do contrato de obras no prazo de garantía e explotación máis o tempo preciso para a redacción da liquidación.

Prazos de execución parciais:

– Dirección das obras: 10 meses.

– Período de garantía e dirección da explotación da depuradora: 12 meses.

– Redacción da liquidación: 1 mes contado desde o remate do prazo de explotación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos trinta e dous mil euros (232.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e oito mil setecentos vinte euros (48.720,00 €).

c) Importe total: douscentos oitenta mil setecentos vinte euros (280.720,00 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2019.

b) Data de formalización do contrato: 22 de abril de 2019.

c) Contratista: UTE Pondio Ingenieros, S.L.-Serye Ingenieros, S.L.

d) Importe de adxudicación: cento sesenta e nove mil seiscentos trinta e oito euros con corenta céntimos (169.638,40 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento..

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2019

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 19.4.2018)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo