Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2019 Páx. 22733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de abril de 2019 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes da renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Dependencias/comparecencia

RBE-03008-08

77461934G

Pontevedra

RBE-05846-08

X7802419Z

Pontevedra

RBE-31759-10

33539871Y

Pontevedra

RBE-33349-10

X7767391S

Pontevedra

* Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7, baixo. 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.