Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental para o cambio de actividade forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Entrambasaugas, termo municipal de Guntín.

En cumprimento do establecido no artigo 36.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométense ao trámite de información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental para o cambio de actividade forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Entrambasaugas, termo municipal de Guntín (Lugo).

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará á disposición do público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/

O proxecto de cambio de actividade será sometido a avaliación de impacto ambiental ordinaria. O órgano substantivo é a Xefatura Territorial de Lugo.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse á Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro dos previstos no artigo 16.4 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 16 de abril de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo