Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0119/2018-BIO e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida dende o días seguinte.

Pontevedra, 17 de abril de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

INC-PO-0119/2018-BIO

35262912W

Proposta de resolución

INC-PO-0011/2019-BIO

34886060M

Proposta de resolución

INC-PO-0013/2019-BIO

35146938V

Acordo de incoación

INC-PO-0023/2019-BIO

35984750P

Acordo de incoación

INC-PO-0033/2019-BIO

35450816L

Acordo de incoación

ICA-PO-0102/2019-BA

B27825041

Acordo de incoación

ICA-PO-0110/2019-BA

35476706B

Acordo de incoación

ICA-PO-0127/2019-BA

44819656Q

Acordo de incoación

MON-PO-0111/2018-CSA

X0686505R

Proposta de resolución