Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2018/144/27 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas, que a continuación se relacionan as resolucións ditadas pola xefa territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70 planta baixa onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 15 de abril de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da resolución

NIE: Y6553744T

2018/144/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

21.3.2019

DNI: 49684151B

2014/224/27

Improcedencia de medida administrativa

6.3.2019

DNI: 35623403Z

2018/96/27

Improcedencia de medida administrativa

27.2.2019

NIE: Y3628917Z

2018/55/27

Asunción de medida administrativa

27.3.2019

NIE: Y3628917Z

2018/56/27

Asunción de medida administrativa

27.3.2019

Edmar Cardoso de Sousa

2018/152/27

Asunción de medida administrativa

14.11.2018

José Manuel Afonso Vasconcellos

2016/15/27

Cambio de medida administrativa e recurso

15.1.2019