Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 8 de maio de 2019 Páx. 22124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada soterramento LMT TIB 801-802-803 e CT Pinal Xandeiro, no concello de Caldas de Reis, de que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2018/400-4).

A instalación denominada soterramento LMT TIB 801-802-803 e CT Pinal Xandeiro, no concello de Caldas de Reis, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 28 de maio de 2019, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Caldas de Reis.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Infórmanse de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Soterramento LMT TIB801-802-803, CT Pinal Xandeiro (Caldas de Reis)

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2
solo

ml sub

m2 subsolo

Concello

1

Rociña

Agrario

Descoñecido

1

1,62

-

7,76

Caldas de Reis

2

Pinar do Gandeiro

Agrario

Rosa María Piñeiro de la Cruz

CT

16,81

2,5

6,15

Caldas de Reis