Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de abril de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-01127-O-2018).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador PO-01127-O-2018 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Non obstante, nas resolucións dos expedientes sancionadores considerouse que non procedía a imposición de ningunha sanción.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01127-O-2018

3297-BDJ

13051358P

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

12.12.2017; 13.33; PO-510; 2,637

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

0 euros