A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00293-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse o acordo de incoación ditado á persoa interesada.
Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.
Outórgaselle un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Ourense, 10 de abril de 2019
Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense
ANEXO
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
OU-00293-O-2019 3481-GYH |
35935065A |
A realización de transportes de productos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 21.12.2018; 12.43; A-52; 203,0 |
Art. 141.21 LOTT |
Art. 143.1.d) LOTT |
401 euros |