Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 7 de maio de 2019 Páx. 21724

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (códigos de procedemento SI500A e SI500B).

O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero de todo o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de reforzar as súas competencias nestas materias e fortalecer a introdución da perspectiva de xénero en todas as áreas de xestión. Para tal efecto, establécense tres niveis de coñecemento en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero: básico, medio e superior, e sinálase que a Administración autonómica adoptará as medidas necesarias para garantir unha formación, tanto básica como especializada, progresiva e permanente nesta materia. Como medidas para garantir a formación, elaboraranse e executaranse plans de formación anuais, nos cales se ofertarán para todo o persoal actividades formativas en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Ademais, o Decreto 70/2017 prevé na súa disposición derradeira segunda que poderán ver recoñecida a súa competencia profesional nos tres niveis de coñecemento, básico, medio e superior, as persoas que no momento da entrada en vigor do decreto acrediten unha formación en xénero cunha duración mínima de 20, 150 ou 500 horas, respectivamente, en calquera dos contidos recollidos no seu artigo 1, impartida por un organismo público oficial. Tamén lle atribúe á persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de igualdade a competencia para o outorgamento das validacións. Tamén dispón que mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de igualdade se regulará o procedemento a seguir para o recoñecemento e a validación da formación recibida.

Con esta orde procédese a desenvolver a disposición derradeira segunda do Decreto 70/2017 e establécese o procedemento a seguir para o recoñecemento e a validación da formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Regúlanse dúas modalidades de recoñecemento e validación, de oficio polo propio organismo ou entidade organizadora do curso ou actividade formativa, ou por solicitude da persoa interesada que desexe recoñecer e validar a formación que xa teña realizada.

Cando o recoñecemento e a validación se solicite de oficio polo organismo ou entidade organizadora dun curso ou actividade formativa, o diploma ou certificación que se expida indicará expresamente que o curso ou a actividade formativa está acreditado pola Secretaría Xeral da Igualdade, co nivel de coñecemento que corresponda, básico, medio ou superior.

Cando o recoñecemento e a validación a solicite directamente a persoa interesada, a resolución que dite a persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade indicará o nivel de coñecemento que corresponda, básico, medio ou superior.

Ambas as dúas modalidades de recoñecemento e validación son compatibles entre si para acadar o nivel de recoñecemento superior que corresponda. A posesión dun determinado nivel de coñecemento, por ter realizado un curso ou actividade formativa recoñecida e validada de oficio, non impedirá que calquera persoa interesada, que posúa un nivel de formación superior ao que ten recoñecido por ter superado outros cursos ou actividades formativas, solicite o recoñecemento e a validación do nivel superior.

Ademais, co obxecto de cumprir a previsión contida na disposición transitoria primeira do Decreto 70/2017 e facilitar o recoñecemento do nivel básico, recóllese no anexo I desta orde unha relación de cursos e actividades formativas en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero que no momento da súa entrada en vigor impartiran a consellería competente en materia de educación, a consellería competente en materia de sanidade, o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de igualdade e a Escola Galega de Administración Pública. Establéce que as persoas que superaron estes cursos e actividades formativas xa teñen recoñecido e validado de xeito automático o nivel básico de coñecemento, sen necesidade de realizar ningún outro trámite ou solicitar outro recoñecemento e validación posterior.

Tamén se regula nesta orde o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero e o procedemento de acreditación e inscrición.

O Decreto 70/2017 establece no seu artigo 7 os requisitos que debe de cumprir o profesorado que vai impartir a docencia da formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Estes requisitos vincúlanse á posesión dunha determinada formación ou dunha experiencia laboral mínima nesta materia e establécese tamén que non precisarán acreditar estes requisitos as persoas que polo seu exercicio profesional en ámbitos tales como o xudicial, policial, sanitario, social ou administrativo, acrediten un coñecemento suficiente en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Ademais, o decreto encoméndalle á comisión de seguimento prevista na súa disposición derradeira primeira velar para que o profesorado que imparta os módulos e contidos formativos cumpra cos requisitos mínimos especificados e garantir así a calidade do ensino.

Segundo o previsto no artigo 7 do Decreto 70/2017, procédese nesta orde a desenvolver os requisitos que debe de cumprir este profesorado, fíxase non só o número mínimo de horas de formación recibidas e a experiencia laboral mínima, senón tamén os organismos en que se cursou a dita formación, así como o período mínimo de servizos prestados ou de horas de docencia impartidas para o caso daquelas persoas que acrediten un coñecemento suficiente en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero polo seu exercicio profesional en ámbitos como o xudicial, policial, sanitario, social ou administrativo.

Para facilitar un mellor seguimento do cumprimento dos requisitos exixidos a este profesorado, créase nesta orde o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, cuxo responsable será o órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, a quen lle corresponde non só a súa creación, senón tamén o seu mantemento e xestión. Regúlase tamén o procedemento de inscrición no rexistro.

En canto aos efectos da inscrición no rexistro, a inscrición non é un requisito necesario para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, pero a resolución pola que se declare a inscrición servirá para xustificar o cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 6 desta orde.

A orde consta de trinta e dous artigos, estruturados en catro capítulos, catro disposicións adicionais e dúas disposicións finais. No capítulo I recóllense as disposicións de carácter xeral, relativas ao obxecto da orde, o persoal destinatario, os diferentes niveis de coñecemento, os cursos e as actividades obxecto de recoñecemento e as modalidades de recoñecemento e validación da formación. Tamén se regulan os requisitos que debe reunir o persoal docente para impartir a formación, así como a competencia para recoñecer e validar a formación e para acreditar o persoal docente e, por último, establécese o deber de colaboración, cooperación e coordinación administrativa para os diferentes órganos que participen nos procedementos previstos nesta orde.

No capítulo II establécese o procedemento de recoñecemento e validación dos diferentes niveis de formación, regúlase na sección primeira o recoñecemento e a validación de oficio e na sección segunda o recoñecemento e a validación por solicitude da persoa interesada, que se tramitará obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

No capítulo III regúlase o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación e o procedemento para efectuar a inscrición e proceder á acreditación, que tamén se tramitará obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

No capítulo IV recóllense todas aquelas previsións comúns aos diferentes procedementos regulados na orde e que, polo tanto, se regulan de xeito conxunto nun mesmo capítulo.

A disposición adicional primeira establece a obrigatoriedade da formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero para todo o persoal de novo ingreso, a disposición adicional segunda inclúe unha previsión relativa á actividade convencional, a disposición adicional terceira refírese á actualización dos modelos normalizados utilizados na tramitación dos procedementos establecidos nesta orde e a disposición adicional cuarta á información básica sobre protección de datos de carácter persoal.

Por último, a disposición derradeira primeira establece a habilitación para o desenvolvemento normativo desta orde e a disposición derradeira segunda refírese á súa entrada en vigor.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións de carácter xeral

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (SI500A), así como regular o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a dita formación e o procedemento de inscrición no rexistro para aquelas persoas que o soliciten (SI500B).

2. Para os efectos desta orde, considerarase formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero os contidos que aborden estas materias baixo calquera das denominacións utilizadas polos organismos autonómicos, nacionais e internacionais, tales como igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, feminismo, conciliación, corresponsabilidade, sexismo, violencia de xénero, violencia machista ou violencia contra as mulleres, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, acoso sexual ou por razón de xénero ou calquera outra denominación que implique visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres.

Artigo 2. Persoal destinatario

1. Poderá solicitar o recoñecemento e a validación da formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero todo o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia, o persoal docente empregado público da consellería competente en materia de educación, o persoal do Sistema público sanitario de Galicia, o persoal ao servizo da Administración de xustiza e o persoal funcionario do corpo de policía de Galicia.

2. Poderán solicitar a súa inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero todas as persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 desta orde.

Artigo 3. Niveis de coñecemento

Para os efectos de recoñecer e validar a formación en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, establécense tres niveis de coñecemento:

a) Nivel básico: acreditará unha competencia inicial, que permita a inclusión progresiva do principio de igualdade nos procesos habituais de traballo, cunha duración mínima de 20 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 desta orde.

b) Nivel medio: acreditará unha competencia media, que permita integrar o enfoque de xénero en ámbitos materiais concretos de competencia das administracións públicas: subvencións, contratos, produción normativa ou xestión administrativa, e o coñecemento e comprensión da violencia de xénero, cunha duración mínima de 150 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 desta orde.

c) Nivel superior: acreditará unha competencia alta, que permita o coñecemento e a aplicación práctica do enfoque integrado ou mainstreaming de xénero, cunha duración mínima de 500 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 desta orde.

Artigo 4. Cursos e actividades obxecto de recoñecemento e validación

1. Os cursos e actividades formativas para os cales se solicite o recoñecemento e a validación poderán ser anteriores ou posteriores á entrada en vigor desta orde.

2. Poderán terse en conta os módulos de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero que, aínda formando parte de cursos ou actividades formativas non específicos de igualdade, traten algunha das materias sinaladas no artigo 1.2 desta orde. Para tal efecto, deberán acreditarse de forma expresa os contidos e o número de horas do módulo de igualdade que, en todo caso, deberá ser igual ou superior a 20 horas.

3. O órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade publicará na súa páxina web a relación dos cursos e das actividades formativas que teñan sido obxecto de recoñecemento e validación. Esta relación manterase permanentemente actualizada.

Artigo 5. Modalidades de recoñecemento e validación

1. O recoñecemento e a validación da formación poderá realizarse de oficio por parte do organismo ou entidade organizadora do curso ou actividade formativa, ou por solicitude da persoa interesada, consonte o procedemento regulado no capítulo II desta orde.

2. Para os efectos de acreditar o nivel de coñecemento básico, no momento da entrada en vigor desta orde quedan recoñecidos e validados os cursos e as actividades formativas que figuran recollidas no anexo I.

Artigo 6. Requisitos para impartir formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

1. A docencia da formación poderá ser impartida por persoas capacitadas na materia pola posesión de coñecementos específicos en xénero, igualdade entre mulleres e homes, integración da perspectiva de xénero en plans, programas e proxectos, prevención e loita contra a violencia de xénero ou outros estudos de xénero.

2. A posesión destes coñecementos entenderase acreditada mediante algún dos seguintes requisitos:

a) Ter cursado e superado un mínimo de 750 horas de formación nas materias sinaladas no artigo 1 desta orde, impartida por algún dos seguintes organismos públicos oficiais: Escola Galega de Administración Pública, Academia Galega de Seguridade Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e órganos e/ou entidades públicas instrumentais adscritos a elas, estruturas de formación permanente do profesorado, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, ministerios e/ou os seus departamentos adscritos, administracións autonómicas, administracións locais, universidades, ou formación impartida no marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

b) Ter cursado e superado un mínimo de 500 horas de formación nas materias sinaladas no artigo 1 desta orde, impartida por algún dos organismos citados na alínea anterior, e unha experiencia laboral mínima de dous anos no ámbito da igualdade de xénero e/ou prevención da violencia de xénero.

3. Non precisarán acreditar os requisitos exixidos no parágrafo anterior:

a) As persoas que polo seu exercicio profesional en ámbitos tales como o xudicial, policial, docente, sanitario, social ou administrativo, acrediten un coñecemento suficiente en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Para os efectos desta orde, considerarase que teñen un coñecemento suficiente aquelas persoas que prestaran servizos nos ámbitos referidos durante un período mínimo de tres anos.

b) As persoas que con anterioridade á entrada en vigor desta orde xa tiveran impartido un mínimo de 500 horas de docencia en cursos e actividades formativas en materia igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, organizados por algún dos organismos previstos no artigo 8.2 desta orde.

Artigo 7. Competencia

Será competente para recoñecer e validar os diferentes niveis de coñecemento do persoal a que se refire o artigo 2, así como para a acreditación do persoal docente e a inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, a persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade.

Artigo 8. Colaboración, cooperación e coordinación administrativa

De acordo cos principios de colaboración, cooperación e coordinación administrativa, os diferentes órganos que participen nos procedementos establecidos nesta orde deberán colaborar e auxiliarse entre si, co obxecto de axilizar a súa tramitación e desenvolvelos de xeito eficaz e eficiente.

CAPÍTULO II

Procedemento de recoñecemento e validación da formación

Sección 1ª. Recoñecemento e validación de oficio

Artigo 9. Habilitación para solicitar o recoñecemento e a validación de oficio

1. Os organismos e entidades sinalados no punto 2 deste artigo solicitarán de oficio, ante o órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, o recoñecemento e a validación de todos os cursos ou actividades formativas que, polo seu contido, poidan acreditar algún dos niveis de coñecemento establecidos no artigo 3 desta orde.

2. Solicitarán este recoñecemento e validación os seguintes organismos públicos oficiais: Escola Galega de Administración Pública, Academia Galega de Seguridade Pública, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, órganos e/ou entidades públicas instrumentais adscritos a elas e estruturas de formación permanente do profesorado da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Capacitación do profesorado

1. O profesorado que imparta os cursos e as actividades formativas para as que se solicita o correspondente recoñecemento e validación debe cumprir os requisitos establecidos no artigo 6.2 desta orde ou, de ser o caso, estar exento do seu cumprimento por reunir algunha das circunstancias previstas no artigo 6.3. Estas circunstancias verificaraas o órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade.

Artigo 11. Solicitude do recoñecemento e validación de oficio

A persoa titular do organismo ou entidade solicitará o recoñecemento e a validación de oficio do curso ou actividade formativa ante o órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, empregando o modelo establecido no anexo II desta orde.

Artigo 12. Tramitación do recoñecemento e validación de oficio

O órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade poderá requirirlle ao órgano solicitante que achegue a documentación e que efectúe as aclaracións que resulten necesarias para asegurar o cumprimento dos requisitos establecidos no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 13. Resolución do recoñecemento e validación de oficio

1. Mediante resolución ditada pola persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade acreditarase que o curso ou a actividade formativa está recoñecido e validado no nivel de coñecemento en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero que corresponda, de acordo co Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O diploma ou a certificación indicará expresamente o nivel de coñecemento recoñecido segundo o modelo establecido no anexo III desta orde, que poderá adaptarse ao formato do órgano que o expida.

Sección 2ª. Recoñecemento e validación por solicitude da persoa interesada (SI500A)

Artigo 14. Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderán solicitar o recoñecemento e a validación da súa formación a través do procedemento regulado nesta sección as persoas previstas no artigo 2.1 desta orde que, ademais, cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Persoas que superaran calquera curso ou actividade formativa en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero que non estea incluída no anexo I desta orde, e que tampouco fose recoñecida e validada con posterioridade á súa entrada en vigor, pero que reúna os requisitos establecidos para o recoñecemento e a validación de calquera dos niveis de coñecemento regulados nesta orde.

b) Persoas que superasen calquera curso ou actividade formativa en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero recoñecida e validada con posterioridade á entrada en vigor desta orde, pero que, por causas excepcionais, o correspondente título ou diploma non inclúa o recoñecemento e validación conforme o modelo establecido no anexo III desta orde.

c) Persoas que desexen acreditar un nivel de coñecemento superior ao que xa teñen recoñecido e validado.

2. As persoas solicitantes deberán posuír a condición dalgún dos tipos de persoal sinalados no artigo 2.1 desta orde na data de presentación da solicitude e nos termos nela sinalada. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio a través de medios telemáticos polo órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade.

Para este fin, todos os órganos implicados na tramitación do procedemento, responsables das correspondentes bases de datos, prestarán a colaboración oportuna e as facilidades de acceso electrónico que sexan necesarias de acordo coa lexislación vixente, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan ser requiridas para achegar os documentos e as aclaracións que resulten necesarias de acordo co establecido no artigo 28 desta orde.

Artigo 15. Presentación de solicitudes para o recoñecemento e validación da formación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Artigo 16. Documentación adicional para o recoñecemento e a validación da formación

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude o título que acredite a formación recibida ou, de ser o caso, a certificación oficial que acredite tela superado. No título ou certificación deben figurar as materias cursadas e o número de horas lectivas de cada materia.

Artigo 17. Comprobación de datos para o recoñecemento e a validación da formación

1. Para a tramitación do procedemento regulado nesta sección consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Condición de empregado/a público/a.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 18. Resolución do procedemento de recoñecemento e validación por solicitude da persoa interesada

1. Mediante resolución ditada pola persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade porase fin ao procedemento de recoñecemento e validación por solicitude da persoa interesada. A resolución que se dite estimará, total ou parcialmente, ou desestimará, se é o caso, as pretensións da persoa interesada.

2. A resolución poderá recoñecer un nivel de coñecemento inferior ao que solicite a persoa interesada cando non se acrediten os requisitos de formación do nivel solicitado, pero si os correspondentes a outro nivel inferior.

3. Contra a resolución que poña fin ao procedemento de recoñecemento e validación por solicitude de persoa interesada poderá interpoñerse o oportuno recurso nos termos establecidos no artigo 32 desta orde.

CAPÍTULO III

Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación
en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero
e procedemento de acreditación e inscrición

Sección 1ª. Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

Artigo 19. Responsable do rexistro

O órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade será responsable da creación, mantemento e xestión do Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Artigo 20. Requisitos para a inscrición no rexistro

Poderán solicitar a inscrición neste rexistro as persoas que cumpran os requisitos previstos no artigo 6 desta orde, mediante o procedemento regulado nos artigos seguintes.

Artigo 21. Efectos da inscrición

1. A inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero non será obrigatoria para impartir os cursos e as actividades formativas en materia de igualdade e de violencia de xénero a que fai referencia esta orde.

2. Non obstante o disposto no punto anterior, a resolución de inscrición no rexistro será condición suficiente para xustificar o cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 6 desta orde.

Sección 2ª. Procedemento de inscrición no Rexistro de persoal docente
acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención
e loita contra a violencia de xénero (SI500B)

Artigo 22. Presentación de solicitudes de inscrición no rexistro

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Artigo 23. Documentación adicional para a inscrición no rexistro

Coa finalidade de xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 6 desta orde, as persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Título que acredite a formación recibida ou certificación oficial que acredite tela superado, no suposto previsto na alínea a) do artigo 6.2.

b) Título que acredite a formación recibida ou certificación oficial que acredite tela superado, así como certificado de vida laboral e/ou calquera outra documentación acreditativa das tarefas realizadas, no suposto previsto na alínea b) do artigo 6.2.

c) Certificado de vida laboral e/ou calquera outra documentación acreditativa das tarefas realizadas, no suposto previsto na alínea a) do artigo 6.3.

d) Certificación oficial do nomeamento como docente ou documento equivalente, no suposto previsto na alínea b) do artigo 6.3.

Artigo 24. Comprobación de datos para a inscrición no rexistro

1. Para a tramitación do procedemento regulado nesta sección consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 25. Resolución e inscrición

1. Mediante resolución ditada pola persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade porase fin ao procedemento de inscrición no rexistro.

2. Se a resolución fose estimatoria, a persoa solicitante será inscrita no Rexistro de persoal docente acreditado para a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero e, a partir da data da resolución de inscrición, non precisará xustificar documentalmente os requisitos establecidos no artigo 6 desta orde, será suficiente con indicar o número de inscrición no rexistro.

3. Contra a resolución que poña fin ao procedemento de inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero poderá interpoñerse o oportuno recurso nos termos establecidos no artigo 32 desta orde.

CAPÍTULO IV

Disposicións comúns aos procedementos regulados nesta orde

Artigo 26. Documentación complementaria

1. A documentación complementaria tamén deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

5. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 27. Emenda da solicitude

Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 28. Instrución do procedemento

1. Sen prexuízo do disposto no artigo anterior, en calquera momento do procedemento poderá requirirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarias para a verificación do cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde ou para a tramitación e resolución do procedemento.

2. Os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos feitos en virtude de cales deba pronunciarse a resolución realizaraos de oficio e a través de medios electrónicos o órgano que tramite o procedemento, sen prexuízo do dereito das persoas interesadas de propoñer aquelas actuacións que requiran a súa intervención ou constitúan trámites legal ou regulamentariamente establecidos.

Artigo 29. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 30. Prazo máximo de resolución e efectos do silencio administrativo

1. O prazo máximo de resolución dos procedementos establecidos neste orde será de cinco meses, que se contarán desde a data de presentación da solicitude.

2. De producirse o transcurso do prazo indicado sen que se emita resolución expresa, as solicitudes entenderanse rexeitadas por silencio administrativo.

Artigo 31. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 32. Réxime de recursos

De conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións ditadas ao abeiro desta orde porán fin á vía administrativa e contra elas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Se o acto non fose expreso, poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Alternativamente, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicional primeira. Formación do persoal de novo acceso

1. De acordo coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a partir da entrada en vigor do citado decreto, toda persoa que acceda á condición de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma e Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia, de persoal docente empregado público da consellería competente en materia de educación e de persoal do sistema público sanitario de Galicia a través dun proceso selectivo, terá que realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento previsto no artigo 4 do citado decreto e no artigo 3 da presente orde.

2. Non obstante o establecido no número anterior, estarán exentas desta obriga aquelas persoas que xa tiveran superado antes do seu nomeamento os cursos establecidos no anexo I desta orde, ou aqueles que sexan validados posteriormente polo órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade segundo o procedemento previsto na sección 1ª do capítulo II desta orde.

Disposición adicional segunda. Convenios

O órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade, a través de convenios ou mediante o instrumento xurídico pertinente, poderá recoñecer e validar, cos efectos previstos nesta orde, os cursos e as actividades formativas en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero organizados e impartidos por organismos e entidades distintos dos previstos no artigo 9.2, sempre que se acredite que estes cursos e actividades formativas reúnen os requisitos e demais exixencias establecidas nesta orde e no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición adicional terceira. Actualización de modelos normalizados

Os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado na presente disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.

Disposición adicional cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Secretaría Xeral da Igualdade coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición derradeira primeira. Competencia para os procedementos administrativos

A persoa titular do órgano superior da Administración xeral da Xunta de Galicia competente en materia de igualdade ditará as disposicións que sexan necesarias para o axeitado desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Relación de cursos e actividades formativas recoñecidos e validados para os efectos de acreditar
o nivel de formación básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, de acordo
co establecido no artigo 11 da Orde do 12 de abril de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación
previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita
contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da administración da Comunidade Autónoma de Galicia
e se regula o Rexistro de persoal docente nesta materia

Curso ou actividade formativa

Consellería/organismo

Horas

Modalidade

1. A educación na igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

2. Actividades para traballar e previr a violencia de xénero desde o centro educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

3. Aprendendo a coeducar

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

4. Calidade educativa: igualdade vs discriminación

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

5. Convivencia e igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

6. Convivencia en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

7. Educar en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

8. Educación para a igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

45/50

Presencial

9. Introdución transversal do principio de igualdade e rexeitamento da violencia de xénero no CEIP Centieiras

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

10. Os comportamentos vinculados ao xénero na EI. Observación e análise

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

11. Recursos e estratexias para promover a equidade de xénero nos centros educativos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

12. A coeducación e a igualdade de sexos nos tempos de lecer das escolas de educación infantil e primaria

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

13. XI Convivencia de educación infantil. Cholo e Nela en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Presencial

14. Comunicar en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Mixta

15. Calendario da igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

50

Mixta

16. Igualdade de xénero a través das TIC

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

40

Presencial

17. Obradoiro Educar en Igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

40

Presencial

18. Cara a inclusión de xénero na práctica educativa

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Presencial

19. Cara a unha cidadanía inclusiva

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Presencial

20. Ciencia, tecnoloxía e sociedade. Achegas do enfoque de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Presencial

21. Educación emocional e comunicación non violenta na sociedade da información. Bulling, ciberbulling e violencia de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Presencial

22. Organización e funcionamento dun centro educativo desde unha perspectiva de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Presencial

23. Igualdade e educación no ensino secundario e postobrigatorio

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Teleformación

24. Igualdade e educación para departamentos de Orientación

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Teleformación

25. Igualdade e educación para equipos directivos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Teleformación

26. Igualdade e educación para profesorado de educación de infantil e primaria

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

35

Teleformación

27. Un mundo de iguais loitando pola igualdade e contra a violencia de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

32

Presencial

28. A perspectiva de xénero no labor docente

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

29. A xeografía de xénero na aula

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

30. Animación á lectura: do conto popular ao conto literario con perspectiva de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

31. Coeducación. Igualdade de oportunidades. Prevención da violencia

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

32. Como traballar a igualdade de xénero nas aulas

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

33. Curso: Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: a escola da comunicación igualitaria

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

34. Igualdade, traballando cara a ela

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

35. Mediación familiar e xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

36. Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Que facer coas violencias desde a educación de xénero?

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

37. Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Educar na comunicación igualitaria

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

38. Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: Educar para a igualdade de trato

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

39. Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: Escola para a igualdade (práctica igualitaria, convivencia, violencia, tempos)

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

40. O noso centro sobre convivencia, igualdade de xénero, habilidades sociais e intelixencia emocional

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

41. Prevención da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

42. Prevención da violencia de xénero e promoción das relacións de paz

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

43. Ferramentas TIC para traballar a igualdade. Feminis-TIC

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Presencial

44. Consumo e xénero. Plan Proxecta

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Teleformación

45. Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Teleformación

46. Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo I. Plan Proxecta

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Teleformación

47. Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

30

Teleformación

48. As mensaxes de xénero nos medios de comunicación

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

25

Presencial

49. A transversalidade de xénero no ámbito educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

21/24

Presencial

50. Educación inclusiva e dos coidados con enfoque de dereitos de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

51. Educación para a igualdade en ciencia e tecnoloxía

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

52. Educación para a igualdade: achegas desde a análise de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

53. Educando en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

54. Educando en igualdade desde o proxecto educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

55. Estratexias para a promoción da igualdade no ámbito educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

56. Grupo de traballo de identidade de xénero

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

57. Medrando en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

58. Mito e xénero na evolución do saber da humanidade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

59. Os pinceis de Artemisa. Pintar a igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

60. STEM en feminino

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

61. Deseño e desenvolvemento do plan de igualdade do centro educativo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Presencial

62. Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Mixta

63. Formación inicial en igualdade

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

20

Teleformación

64. Elaboración e xestión de proxectos de Igualdade

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

65. Muller e dereito da familia

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

66. Aproximación psicolóxica á violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

67. Persoas con discapacidade e violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

68. Abordaxe da violencia de xénero en menores

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

69. A trata de persoas con fins de explotación sexual

Secretaría Xeral da Igualdade

60

Teleformación

70. Curso básico de formación en violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

71. Formación en violencia de xénero: ámbito educativo

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

72. Formación en violencia de xénero: ámbito das forzas e corpos de seguridade

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

73. Formación en violencia de xénero: ámbito dos medios de comunicación

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

74. Formación en violencia de xénero: ámbito de profesionais da psicoloxía

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

75. Formación en violencia de xénero: ámbito sanitario

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

76. Formación en violencia de xénero: ámbito dos servizos sociais

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

77. Formación en violencia de xénero: ámbito xudicial

Secretaría Xeral da Igualdade

30

Teleformación

78. Voluntariado no Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

25

Presencial

79. Ferramentas comunicativas que se aplican na transformación de conflitos

Secretaría Xeral da Igualdade

24

Presencial

80. Violencia de xénero e sexual no internet, redes sociais e smarphones: coñecer, previr e actuar

Secretaría Xeral da Igualdade

20

Mixta

81. Voluntariado e violencia de xénero

Secretaría Xeral da Igualdade

20

Teleformación

82. Axente de igualdade de oportunidades. En liña

EGAP

75

Teleformación

83. Liderar en clave de xénero

EGAP

60

Teleformación

84. Aproximación psicolóxica á violencia de xénero

EGAP

60

Teleformación

85. Discapacidade e violencia de xénero

EGAP

60

Teleformación

86. Vías de igualdade para o emprendemento: a empresa cooperativa

EGAP

60

Teleformación

87. Xénero e discapacidade

EGAP

60

Teleformación

88. Impacto da violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes

EGAP

60

Teleformación

89. Deseño e xestión de proxectos de igualdade

EGAP

60

Teleformación

90. Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria no práctica da xestión pública

EGAP

30

Teleformación

91. Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

EGAP

30

Teleformación

92. Modulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación

EGAP

30

Teleformación

93. Xénero e políticas públicas. Os orzamentos con perspectiva de xénero

EGAP

30

Presencial

94. O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos

EGAP

25

Teleformación

95. Deseño e aplicación de políticas de igualdade na Administración galega

EGAP

25

Presencial

96. Xénero e igualdade nas administracións públicas: a súa evolución normativa-proba de avaliación

EGAP

25

Autoformación

97. O dereito á igualdade no eido da Unión Europea

EGAP

24

Presencial

98. A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

EGAP

21

Teleformación/

presencial

99. Violencia de xénero

EGAP

21

Presencial

100. Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

EGAP

21

Presencial

101. Formación básica en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

EGAP

21

Presencial

102. Indicadores de xénero

EGAP

21

Presencial

103. A incorporación da perspectiva de xénero no deseño, execución, seguimento e avaliacións de proxectos

EGAP

21

Presencial

104. Medidas de protección da imaxe pública da muller nos medios de comunicación e publicidade

EGAP

21

Presencial

105. Visibilización das políticas de igualdade no actual período de programación dos fondos europeos 2007/2013

EGAP

21

Presencial

106. Consumo e xénero

EGAP

20

Teleformación

107. Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

EGAP

20

Teleformación

108. Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

EGAP

20

Teleformación

109. Xénero e igualdade nas administracións públicas

EGAP

20

Teleformación

110. Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

EGAP

20

Teleformación

111. Violencia contra as mulleres con discapacidade

EGAP

20

Presencial

112. Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional

EGAP

20

Presencial

113. Iniciativas en intervención institucional na violencia contra as mulleres

EGAP

20

Presencial

114. Abordaxe integral da violencia de xénero

EGAP

20

Presencial

115. Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

EGAP

20

Teleformación/

presencial

116. Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Consellería de Sanidade-Sergas

30

Teleformación

117. A violencia cara ás mulleres. Como detectala e pautas de actuación desde o Servizo Galego de Saúde

Consellería de Sanidade-Sergas

25

Teleformación

118. Básico en igualdade de oportunidades e contra a violencia de xénero

Consellería de Sanidade-Sergas

20

Autoformación

119. A violencia cara ás mulleres. Como detectala e pautas de actuación desde o Servizo Galego de Saúde-nivel básico

Consellería de Sanidade-Sergas

20

Autoformación

ANEXO II

Solicitude de recoñecemento e validación de curso ou actividade formativa

De acordo co disposto no artigo 11 da Orde do 12 de abril de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, solicítase o recoñecemento dos seguintes cursos:

ÓRGANO SOLICITANTE:

PERSOA TITULAR:

CURSO OU ACTIVIDADE FORMATIVA PARA OS CALES SE SOLICITA O RECOÑECEMENTO E VALIDACIÓN
(utilícese un anexo por cada curso)

DENOMINACIÓN DO CURSO OU ACTIVIDADE FORMATIVA

NÚMERO DE HORAS

NIVEL (básico, medio ou superior)

RELACIÓN DO PERSOAL DOCENTE

NOME E APELIDOS

NIF

Nº DE REXISTRO DE PERSOAL DOCENTE ACREDITADO (art. 21)

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

CONTIDOS E DISTRIBUCIÓN HORARIA DOS CURSOS OU ACTIVIDADES FORMATIVAS

DENOMINACIÓN DO MÓDULO OU CONTIDO

NÚMERO DE HORAS

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA

Documentación que acredite os requisitos do persoal docente que impartiu o curso (só para o caso de persoal docente non acreditado)

SINATURA DA PERSOA TITULAR

Lugar e data

,

de

de

ANEXO III

Acreditación do nivel de coñecemento en materia de igualdade e prevención
e loita contra a violencia de xénero

Texto que se inserirá no diploma ou certificación de acordo co artigo 13.2 da Orde do 12 de abril de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero:

Este curso/actividade formativa foi acreditado/a pola Secretaría Xeral da Igualdade con data de --/--/20-- polo que a súa superación implica o recoñecemento e validación do nivel básico, medio, superior (indicar o que proceda) de coñecemento en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero de acordo co establecido no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file