Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 965/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 965/2016, por instancia de Francisco José Mosteiro Ponce contra a empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, Sociedad Regular Colectiva, sobre ordinario, en que se ditou sentenza con data do 2 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Francisco José Mosteiro Ponce contra a entidade Hijos de Francisco Mosteiro Calza, S.R.C., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, S.R.C. a aboar a Francisco José Mosteiro Ponce a cantidade de nove mil cento trinta e tres euros con dezaoito céntimos (9.133,18 euros), cantidade que devindicará o xuro legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presenta sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Hijos de Francisco Mosteiro Calza, Sociedad Regular Colectiva, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza