Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21636

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (MMC 277/2018).

Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, polo presente edicto anuncia:

No presente procedemento MMC 277/2018 seguido por instancia de Vanesa Pereira Carreiro fronte a David Alonso Gómez ditouse Sentenza número 44/2019, do 8 de abril de 2019, cuxa parte dispositiva se transcribe a continuación:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda de modificación de medidas interposta pola procuradora Mercedes de Miguel González, en nome e representación de Vanesa Pereira Carreiro e, en consecuencia, acordo a adopción das seguintes medidas:

1. O exercicio da patria potestade compartida por ambos os proxenitores e a garda e custodia da menor a favor da nai Vanesa Pereira Carreiro.

2. Suprímese o réxime de visitas establecido xudicialmente ata o momento e fíxase un réxime de visitas totalmente flexible entre proxenitor e filla, previamente acordado coa nai e debendo comunicalo polo menos cunha semana de antelación. Así mesmo, fíxase un réxime de comunicación totalmente flexible debendo a nai facilitar o dito contacto sempre que o pai se poña en contacto coa menor e, en todo caso, non altere a rutina diaria e horarios da nena.

3. David Alonso Gómez deberá aboar a Vanesa Pereira Carreiro, en concepto de pensión de alimentos a favor da súa filla menor, a cantidade de trescentos euros mensuais (300 euros), os cales deberán ser aboados dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e cuxa cantidade deberá ser revisada anualmente conforme o IPC ou índice que o substitúa. Esta cantidade deberá ingresarse na conta bancaria indicada por Vanesa.

Os gastos extraordinarios sufragaranse ao 50 % por ambos os proxenitores e estes consistirán en gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, todos os gastos non incluídos no orzamento escolar ordinario da menor, todos os gastos xerados polas actividades extraescolares da menor, ou calquera outro gasto que, non resultando de estrita necesidade, resulte consensuado entre ambos os proxenitores e a menor. Por conseguinte, o pai debe aboar a metade dos gastos extraordinarios da menor, respecto aos cales convén precisar que se entenderán por tales os que son puntuais, excepcionais ou imprevisibles ou que non se producen con certa periodicidade, como, por exemplo, os gastos médico-farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social. E, en calquera caso, os gastos extraordinarios deben ser decididos polos dous proxenitores e logo de consentimento do non custodio, a non ser que respondan a situacións de urxente necesidade, caso en que e na falta de acordo, poden ser autorizados xudicialmente.

Sen expresa condena en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dou fe.

E, encontrándose o dito demandado, David Alonso Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

O Porriño, 10 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza