Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 6 de maio de 2019 Páx. 21548

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto de construción das obras de reparación en varias estacións de autobuses de Lugo (clave LU.18.001).

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a supervisión do proxecto de construción das obras de reparación en varias estacións de autobuses de Lugo (clave LU.18.001), que ten as seguintes características:

– Obxecto: a elaboración dun informe técnico co fin de verificar que se tiveron en conta as disposicións xerais de carácter legal ou regulamentario, así como a normativa técnica que resulten de aplicación para o proxecto.

– Ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

– Prazo de vixencia: a presente encomenda terá a duración estritamente necesaria para a elaboración do referido informe técnico de supervisión anteriormente sinalado e concluirá coa entrega deste, que será efectuada como data límite o 31 de decembro de 2019.

– Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

– Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que se presten no seu en desenvolvemento.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade